Ola nenas e nenos de Caldelas!!! I mos a por unha semana máis!! Hoxe propóñovos unhas actividades interactivas do grupo Comunicar-Nos . Simplemente tedes que picar na seguinte ligazón e xa podedes acceder: https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas As actividades están clasificadas por ciclos, polo que os nenos e nenas de 1º e 2º curso debedes seleccionar 1º ciclo e os de 3º ,4º , 5º e 6º o segundo e terceiro ciclo. A divertirse! Lembrar que podedes poñervos en contacto comigo (lauralr@edu.xunta.es) para calquera dúbida, suxerencia ou se necesitades mais actividades.
Acaba de chegar me esta información da orientadora do IES Indalecio acerca MATRÍCULA “ Entre o 1 e o 10 de xullo. Nesta data terán que formalizala o alumnado que entra novo ao centro, para cursar 1º de ESO. NORMALMENTE ASIGNAN DÍAS POR NIVEIS. Será presencial. Cando teña mais información avisareivos. Moito ánimo e grazas. Mónica a orientadora.
Este ano a primavera aproveitou o noso confinamento para chegar mais espléndida que nunca. Herbas, plantas, flores e arbustos agroman polos campos, polas beiras dos camiños, polas ribeiras e polos montes como si o espazo lles pertencera. É o seu momento. A xente retirouse e as máquinas descansan . Agora que xa imos saindo, tratémolas con respeto porque pode ser que aquela que se da en chamar “mala herba”, conteña propiedades curativas que non convén desperdiciar. Só hai que darlle o uso correcto Non é maxia. É a grandeza da botánica https://drive.google.com/open?id=1HV9qcDFZIuzpi_5-k-jJ-_x28a15reFJ
Comentarios
Publicar un comentario