Semana 11 de Maio



Ola, familias!!! Son a orientadora do cole e para calquera consulta estou no seguinte enderezo moniouteda@gmail.com
Moita enerxía positiva para seguir camiñando!!!!!

       
        

Para esta fin de semana propóñovos unha película en familia, que ao mellor xa os vosos  nenos e nenas xa  a viron e vos con eles pero nunca está demais volver a vela pero desta vez reparando en todo o que nos quere transmitir.
“Toy Story” (2015). É educativa porque nos acerca a un mundo de fantasía que nos atrapa, nos divirte e nos fai reflexionar sobre os grandes valores que propician as relacións sociais e o crecemento positivo, para o cal necesitamos valorar todo aquilo que temos, xa se trate de bens materiais ou inmateriais, como único camiño para valorarnos a nós mesmos. ÁNIMO, FAMILIAS!!









Envío tamén a dirección de correo do libro AMAR (https://www.palabrassaladas.com/amar) no que cada unha das súas páxinas é unha invitación a conversar sobre o amor. Este libro ilustrado describe, con sinxeleza e primor, os corenta trazos que dan beleza á palabra AMAR.
Sempre se dixo que o amor é como unha planta. Hai que regala e coidar,… cada folla que a embelece. E ese amor se converterá nunha árbore frondosa e chea de froitos.
Amar contribúe ao noso benestar emocional: axúdanos a construír boas relacións, poñéndonos en valor a nós mesmos e recoñecendo e apreciando o bo trato que recibimos dos demais.
Cando nos sentimos coidados, respectados, apoiados, invádenos a certeza de que poderemos facer realidade calquera sono. Porque sabernos amados nos dá ás. E esa sensación é a máis fermosa.
Por iso vos propoño un reto, familias!!!!
Intentámolo?????
Envíovos fichas para traballar as palabras dozura (dulzura),  coidado e estima que teñen relación coa palabra Amar
Para a  vindeira semana enviareivos as solucións destas fichas.

 https://drive.google.com/open?id=13y4WRS2HkhSAzDjY8Z424bDcuPWzHuAJ


 https://drive.google.com/open?id=1Ro1LznKlEJmIhHeQ_jF0opNOct2l_gHD

 https://drive.google.com/open?id=1TIWMn5HDvpJAiDQjS6WxzDmWBjkOfJTY


Ánimo vos podedes!!!!!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

ACTIVIDADES INTERACTIVAS

Primavera sin confinamiento